O Kayak Vigo mellora 14 postos na Superliga O Kayak Vigo está de 4º na Liga Galega de Kayak de Mar 2012, o mesmo posto que ocupou o pasado ano ao final da Tempada. O forte regularidade do noso equipo na tempada fai difícil un cambio de clasificación nas tres regatas que faltan para o final da competición: Outes, o 2 de xuño; Portonovo, o 1 de xullo; e Viveiro, nunha data do mes de agosto aínda por determinar. En troques, na Superliga Galega, rematamos a tempada 2011 no posto 42, mentres que na actualidade detentamos o posto 28, cunha mellora de 14 postos. As actuacións dos máis novos están sendo determinantes para esta mellora. Pero tamén a clasificación provisional do noso equipo en pista, a falta do Campeonato Galego. Será necesario realizar catro das doce regatas que compoñen o calendario de Ríos e Travesías para decantar o resultado final da competición. |